Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.

DoudouLinux


DoudouLinux é un sistema concibido para os nenos e nenas (e para os papás tamén!) co fin de facer do uso do computador unha tarefa fácil e divertida. Ademais de ofrecer un extenso universo de aplicacións que poden ser utilizadas a partir dos 2 anos de idade, DoudouLinux busca introducir aos nenos a unha contorna tan fácil de utilizar como unha videoconsola. Así poderán aprender e divertirse sen que papá e mamá teñan que estar a vixiar.

Pero DoudouLinux tamén está pensado para papá e mamá. Entregado en formato de CD-ROM autoejecutable, DoudouLinux non necesita de instalación algunha e tampouco modificará os seus datos ou o sistema operativo presente no seu computador. Contén en si mesmo un sistema de control parental para previr que os nenos poidan acceder a contido inapropriado en internet. Poderá levalo consigo onde queira e deixar que os nenos xoguen en calquera computador sen preocupacións. Poderá mesmo prestalo, regalalo ou copialo tantas veces como desexe, como fan os nenos no recreo da escola! Calquera destas actividades é totalmente legal así que DoudouLinux é completamente seguro desde calquera punto de vista.

DoudouLinux ten como fin último o facilitar o acceso aos computadores a todos os nenos do planeta, sen discriminación algunha. Para iso DoudouLinux.org permite a descarga de versións completas gratis e sempre o fará. É máis, DoudouLinux atópase dispoñible en moitos idiomas co fin de que cada neno poida sentirse a gusto desde o momento que empezo a ler. Na actualidade ofrecemos soporte nos seguintes 8 idiomas: alemán, árabe, español, francés, inglés, portugués, romanés e ruso. Ademais, como aperitivo, ofrecemos os seguintes idiomas de mostra: holandés, alemán, italiano, polaco, portugués, turco e vietnamita. Pódense xerar até 63 idiomas aínda que a calidade das traducións pode non ser homoxénea dunha tradución a outra.

Información e descarga: http://www.doudoulinux.org

Post a Comment

Postagem Anterior Próxima Postagem