"O galego campa!" é un programa de dinamización lingüística destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán e facilitar recursos aos monitores e monitoras para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren en galego.
Dispostos para cantar? Dispostas a xogar e recompoñer letras? Aquí as tedes. Para que lles deades unha volta, para adiante e para atrás. Podedes escoitalas, descargalas e animarvos a participar. Tamén están dispoñibles as fichas de actividade, para os monitores e monitoras dos campamentos que as queiran empregar. Bo verán 2011!
Escoita as cancións:
Intérpretes: Pedro Pascual: guitarra acústica, eléctrica, española, buzuki, banjola, mandolina, acordeón diatónico, percusións e programacións l Pablo Pascual: clarinete en Sib e La, clarinete baixo, clarinete contrabaixo, frautas de pico e programacións l Pablo Castaño: saxo alto l Pablo Dalama: saxo soprano e saxo alto l Manuel Iglesias Sopas: bombo con pratos l Mario Diz: viola l José Manuel Díaz: contrabaixo e baixo eléctrico l Germán Díaz: zanfona, asubío de nariz, serra l Quim Farinha: violín e violín barítono l Benxamín Otero: óboe e corno inglés l Najla Shami: voz e coros l Guadi Galego: voz e coros l Ramón Bermejo: voz e coros l Juan Fuentes: voz e coros l Uxía, Nerea, Carme, Ariadna, Carolina, Xiana R., Xiana V., Lía, Martiño, Antón, Laura, Adrián, Julio, Andrea e Sara: coros
Ilustración e deseño do disco: Lucía Rolle. Autoedita
Descarga as letras das cancións
Fichas de actividades para os monitores e monitoras
Móvete e canta
Pintamos a música
Creamos cancións
Desaparafusador
Xogamos coa risa
Xogo das orquestras
Un bingo cheo de persoas
Unha historia de medo
Cambiamos o conto
Carreira de remudas
Para esta primeira edición do programa “O galego campa” nos campamentos de verán 2011, produciuse un disco orixinal (titulado Desaparafusador de gominola) con cancións de estilos diversos (funky, folk, rap...), compostas e interpretadas por profesionais da música galega de primeira liña.
O disco, que actúa como fío condutor do programa, vai acompañado dunha proposta de actividades variadas para desenvolver nos campamentos, con dinámicas lúdicas que pretenden favorecer o desenvolvemento do xogo en galego por parte dos rapaces e rapazas asistentes. Estas actividades, realizadas por Tagen Ata, constrúense sobre metodoloxías habituais neste tipo de espazos, nos que se poden levar a cabo actividades distendidas nun clima aberto, sen descoidar a reflexión e a aprendizaxe e favorecer unha relación de respecto e valoración positiva do contorno e das características culturais e sociais de Galiza. As actividades deste ano teñen como destinatarios principais os nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Os monitores e monitoras, desde a súa posición de axente formador, teñen a posibilidade de difundir e sensibilizar nos valores máis positivos da sociedade e de favorecer dinámicas entretidas e divertidas para os rapaces e rapazas. Ao mesmo tempo, contribúen a que estes desenvolvan as máis diversas habilidades, entre elas, tamén as da comunicación.

Outros materiais de interese para a preparación das actividades
Relación de recursos de interese para a preparación de campamentos
Ficha de presentación do programa
Presentación completa do programa O galego campa en formato PPSX ou en PDF
Postar um comentário