Divertido compendio de danzas do mundo unidas polo fío dun pequeno e lírico conto: a historia dun cociñeiro que aprende, pouco a pouco, a bailar viaxando por diferentes países.
No libro pódense atopar explicacións para aprender coreografías de Galiza, Portugal, Dinamarca, Brasil, México, Irlanda, Xapón, Bélxica e Cataluña. A publicación vai acompañada dun CD coas cancións correspondentes a cada baile e unha pista de vídeo na que ver un exemplo das coreografías.
Zampadanzas pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados ao baile e ás músicas do mundo.
Ilustración: Serxio Cobos Martínez
Editora: Edicións do Cumio
Ano: 2010
Formato: Libro+CD
Nº de páxinas: 108
Idioma: Galego
إرسال تعليق