O xogo coeducativo Planeta Igualdade nace a partir do desenvolvemento do programa da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo Camiña connosco pola igualdade.
O seu obxectivo principal é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa, así como promover a coeducación para previr a violencia de xénero.
Participaron nesta iniciativa realizada no curso 2005-2006 un total de 20 centros educativos e 1.750 alumnos e alumnas.
A maioría das caixiñas do taboleiro inclúen reproducións de debuxos e collages feitos por alumnos e alumnas de 6º de Primaria dos centros: Chans Bembrive, A Doblada, Escultor Acuña, Fonte Escura, Javier Sensat, Otero Pedraio e Santa Mariña.
O enlace do xogo Planeta Igualdade permite:
- Visualizar o Libro con ilustracións e regras de xogo
- Xogar OnLine
- Descargalo
Postar um comentário