Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.

Colección "A igualdade Conta"

A colección "A igualdade conta" de Edicións Embora, trata de achegar a nenos e maiores a problemática da desigualdade por medio das historias de Cristina Justo e Paloma Rodríguez (consultoras en igualdade) e os deseños de Spela Trobec, artista eslovena residente en Ferrol.

"No país dos mandóns" uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. Co cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

Podes conseguilo na Libraria Pedreira.

"O segredo de Flora" consiste en atopar un modo de combater a violencia, e este marabilloso relato sérvenos para explicarlles así aos cativos que a violencia é intolerable en todas as súas manifestacións.

Podes conseguilo na Libraria Pedreira.



En "A urna dos desexos", Clara, aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir quen vai gobernar metendo un papeliño nunha urna, ademais de reivindicar a figura da mítica Clara Campoamor, que conseguiu o voto para as mulleres do noso país. Un xeito sinxelo de ensinarlles a nenos e nenas en que consiste a democracia representativa e a paridade.

Podes conseguilo na Libraria Pedreira.

Post a Comment

Postagem Anterior Próxima Postagem