Trátase dunha guía con xogos e bailes procedentes da nosa tradición pero adaptados aos tempos de hoxe. O libro contén vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo, explicacións sinxelas das coreografías ilustradas con debuxos, letras adaptadas, partituras e un CD coas cancións mais unha pista de video para reforzar a comprensión das explicacións. Está dirixido especialmente a profesores de educación primaria e monitores de danza tradicional, así como a todas aquelas persoas interesadas en pasar un anaco divertido sen importar a súa idade.
O libro contén:
- Vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo
- Explicacións sinxelas das coreografías
- Letras adaptadas e partituras
- Música e vídeo
Postar um comentário