Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.

Grupo Ledicia Estiñada

O Coro Ledicia nace no ano 1983 no Colexio Manuel Masdías de Caranza (Ferrol), co gallo do festival de música infantil "Cantareliña" e, dende aquela, vén tendo unha actividade ininterrompida. Primeiro de nada cómpre indicar que se trata do único grupo estable que interpreta cantigas infantís propias en lingua galega. O grupo, baseado nos nenos e nenas do colexio, ten cada ano algunha modificación debido á propia dinámica da evolución escolar dos seus compoñentes. Porén, existe unha base fixa que permanece ao longo destes últimos tempos, constituída por ex-alumnos/as, mestres/as, país e naís. Na actualidade, ademais do equipo técnico de son que nos acompaña, o grupo está constituído por: sete instrumentistas, catro voces principais, entre quince e vinte nenos e nenas que fan os coros. Este disco-libro contén CD+DVD.

Tiradoi de: http://www.toupa.net/musica/infantil/estinada/

Post a Comment

Postagem Anterior Próxima Postagem