Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Lambón - Cancións para os croques
Recursos GZ0
Este é un álbum que a cantante Pilocha e o músico de Milladoiro, Antón Seoane editaron para chegar ao público infantil. Pero no seu empeño non estiveron sós , xa que nas trece pistas que inclúe o CD colaboraron Carlos Blanco, Laura Amado, Lara, Harry C, Roi Casal, El Maestro Reverendo e San Escalera, ademais de dar entrada a letras de Neira Vilas, Manuel María e Antón García Teixeiro. A publicación do álbum corre a cargo do selo catalán Discmedi e estará dispoñíbel nas tendas de música.
Temas da obra: 01- intro 02- un dous tres 03- ron can 04- cabaliño pedrés 05- o zampabolos 06- amiguiños todos 07- a semana 08- o xigante 09- andrés e antón 10- o tuturutú 11- champú 12- neurete 13- ti-tú
Postar um comentário