Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.

Audiocontos da Editorial Galaxia

Os sete cabuxos (adaptación de Xesús Carballo Soliño, ilustracións de Enjamio), Branca de neve e os sete ananos (adaptación de Ánxela Gracián, ilustracións de Ánxeles Ferrer), O galo Quirico (adaptación de Xavier Senín, ilustracións de Noemí López) e Os catro amigos (adaptación de Xesús Carballo Soliño ilustracións de Kristina Sabaite ) son os catro primeiros títulos escollidos pola editorial “Galaxia”para presentar a colección ‘Audiocontos’.

Os audiocontos son unha fermosa proposta que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo destas dúas coñecidas voces da dobraxe galega, baixo da dirección de Tero Rodríguez. Estes primeiros audiocontos permitirán, sen dúbida, achegar as historias que coñecemos de toda a vida doutra maneira aos máis pequechos da casa.

Non se tratan de simples narracións, senón dunha proposta artística diferente e ao mesmo tempo complementaria ao libro. Os efectos de son, as músicas escollidas e a interpretación, fan destes audiocontos un produto novidoso que ensaiamos agora en galego e do que estamos certos que terán unha boa acollida. Ademais, os CDs ábrense e péchanse cunhas animadas cancións que serven de pórtico e epílogo perfecto a unha das cousas máis marabillosas que hai: que alguén nos conte un conto.

Post a Comment

Postagem Anterior Próxima Postagem