Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.

13 Lúas

A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome 13Lúas. Unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Tamén unha proposta didáctica. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Tirado de: http://www.toupa.net/libros/infantil/13-luas/

Post a Comment

Postagem Anterior Próxima Postagem