Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.

Os Teletubbies

Tinky Winky é o maior e o máis tenro dos teletubbies. O seu obxecto favorito é a súa carteira, que sempre o acompaña cando sae a camiñar. Canta a súa canción "Tinky Winky". Encántalle bailar, quere a todos os teletubbies e o seu mellor amigo é Po.

La La é a máis feliz e risoña dos teletubbies. Adora cantar e bailar e o xeito de como a súa bóla rebota, agrándase e diminúe. A ela gústalle saber onde están todos os teletubbies. Ten a súa propia canción: La-la-la-la.

Dipsy é o segundo en idade. É coñecido polos seus pasos característicos e o seu xeito de dicir "ola"; fascínalle o seu sombreiro. Dipsy canta un ritmo reggae e cando se sente en onda vai de paseo só, lucindo o seu chapeu e cantando a canción.

Po é a máis pequena dos teletubbies e brinca para expresar os seus sentimentos de alegría, entusiasmo e sorpresa. Adoita ir montada no seu patinete, percorrendo os outeiros, mentres vai dicindo "rápido, rápido, rápido" ou "lento, lento, lento". Po pasa moito tempo soa.

Capitulos em Galego [Grazas ao Cernelkernel]:

Post a Comment

Postagem Anterior Próxima Postagem